PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Máis de 420.000 para ampliar a DP-2502 en Valdoviño

PorBisbarra

Venres, 13 Setembro 2024 ,
O pleno da Deputación da Coruña aprobou o proxecto técnico de ampliación e mellora da seguridade da DP-2502 en Vilaboa, Valdoviño.O pleno da Deputación da Coruña aprobou o proxecto técnico de ampliación e mellora da seguridade da DP-2502 en Vilaboa, Valdoviño.

O pleno da Deputación da Coruña aprobou o proxecto técnico de ampliación e mellora da seguridade da DP-2502 en Vilaboa. Esta intervención, no Concello de Valdoviño, suporá un investimento de 420.879 euros. Deste importe, algo máis de 36.000 euros destinaranse a expropiacións dos terreos necesarios para a ampliación da calzada .

A plataforma da estrada ampliarase para conseguir un ancho total de 8,25 m, con dous carrís de 3 metros de ancho en cada sentido de circulación. Así mesmo, habilitarase unha pequena beiravía exterior esquerda de 25 cm de ancho e unha dereita de 2 metros de ancho. Isto permitirá o tránsito seguro de peóns. A beiravía transitable executarase cunha capa de rodaxe con formigón hidráulico coloreado, para distinguilo do resto da plataforma. Neste sentido, darase prioridade ao uso de cores que se integren co medio no que se implantará a obra.

A sinalización da DP-2502 realizarase completa, tanto horizontal coma vertical. Ademais, colocaranse varios redutores de velocidade tipo lombo de asno ao longo do tramo. Antes do inicio das obras, que teñen un prazo de execución de cinco meses, realizaranse as expropiacións de terreos necesarias.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.