Mañá, sábado 14 de setembro, o Concello de Cedeira realizará unha xornada de dispersión de xabarís. Terá lugar a partir das 9:00 h na zona da Madalena e O Beco. A intención do Goberno local é sacar aos animais do casco urbano e redirixilos a zonas de monte.
A Asociación de Cazadores de Cedeira colaborará con persoal e cans, pero non se empregarán escopetas na zona urbana.
Por este motivo, a Policía Local e Protección Civil establecerán un límite de velocidade, avisos e posibles cortes de tráfico na AC-566, desde o tramo da Camposta ata O Sálvora. Neste sentido, poderase circular, pero reducirase o límite de velocidade para evitar accidentes.
Así pois, o Concello de Cedeira solicita á cidadanía que evite a circulación, tanto a pé como en vehículos, entre as 9:00 e as 11:00 h nas zonas do Beco, A Madalena, San Isidro, Laboreña, Cordobelas e Campo da Cruz.