PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Martina Aneiros visita a planta de produción de omega-3 do Grupo Natac

PorBisbarra

Xoves, 3 Outubro 2024 , ,
Aneiros visitou a planta de produción de omega-3 do Grupo Natac, no polígono industrial das Somozas.Aneiros visitou a planta de produción de omega-3 do Grupo Natac, no polígono industrial das Somozas.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, visitaron esta mañá a planta de produción de omega-3 do Grupo Natac, no polígono industrial da localidade. A fin da visita era coñecer o seu funcionamento e as previsións de futuro da planta máis grande de España na produción deste ácido graxo.

Aneiros agradeceu ao Grupo Natac a confianza depositada en Galicia, “asentándose nunha comarca que precisa de iniciativas industriais que aporten un valor engadido”, sinalou. Ademais destacou a súa importancia como activo para o porto de Ferrol, a través do que chega a materia prima necesaria, importada na meirande parte de Chile e Perú. A maiores, canalizará as 2.700 toneladas anuais de produción que prevé acadar nos próximos cinco anos.

Martina Aneiros coñeceu a infraestrutura e funcionamento da planta productora de omega-3.
Martina Aneiros coñeceu a infraestrutura e funcionamento da planta productora de omega-3.

Segundo apuntou Aneiros, Natac vén de sumarse a unha ampla lista de empresas que en Galicia se dedican ao sector da biotecnoloxía. Grazas a ela, a comunidade autónoma é a segunda rexión máis bioemprendedora. A este dato hai que engadir o aumento do 6% no número de traballadores en I+D no sector e o gasto en I+D+i, xa no 17% do total de Galicia. A este respecto, a delegada puxo en valor a Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía en Galicia 2021-2025, posta en marcha pola Xunta. Nesta liña, nos seus tres primeiros anos logrou mobilizar 370 millóns de euros.

PUBLICIDADE

A planta das Somozas, que se puxo en marcha cun investimento de 18 millóns de euros, iniciou a súa andadura da man da empresa IFFE Futura, integrada desde hai un ano no Grupo Natac. Está asentada nunha parcela de 28.000 metros cadrados e nela se refina, desodoriza e branquean os aceites de omega-3 procedentes do pescado. Con esta materia, desenvólvense ingredientes saudables de orixe natural e de alta calidade para os sectores da alimentación, nutracéutico e nutrición animal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.