O Concello de Mugardos restablecerá o servizo de recollida de residuos voluminosos, que se realizara todos os luns a partir do 3 de marzo. Así, este servizo permitirá depositar un máximo de cinco obxectos por domicilio no contedor máis próximo á vivenda.
As persoas interesadas en depositar residuos voluminosos (obxectos de gran tamaño, mobles e aparellos varios susceptibles de ser reciclados) deberán notificalo previamente ao Concello de Mugardos. Pódese facer telefonicamente, chamando ao 981 470 338; enviando un correo electrónico a enseres@mugardos.gal ou enviando unha mensaxe ao whatsapp de ‘Mugardos en Liña’. Será preciso indicar nome e apelidos, obxectos a depositar, teléfono de contacto e punto no que se depositarán.
A veciñanza inscrita debe colocar os residuos o domingo anterior á recollida, de 20:00 a 22:00 h. Así mesmo, informa de que non se deben depositar en caso de temporal para evitar perigo de desprazamento co vento e dano de persoas ou vehículos.
Dende o Concello de Mugardos prégase colaboración cidadá para manter a limpeza no municipio e alerta de que un uso incorrecto deste servizo pode dar lugar á imposición de sancións.