PUBLICIDADE

Narón oferta oito accións formativas para persoas desempregadas

PorBisbarra

Luns, 10 Marzo 2025 , ,
A Xunta destinou algo máis de 375.000 euros a estas accións formativas en Narón.A Xunta destinou algo máis de 375.000 euros a estas accións formativas en Narón.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou o centro de formación Irmáns Froilaz, de Narón. Alí coñeceu ao alumnado dalgunhas das unha das oito accións formativas para persoas desempregadas (AFD) que se imparten este curso, ns que a Xunta destinou algo máis de 375.000 euros.

Durante a visita, Aneiros puido charlar cos participantes dos cursos de montaxe e mobles, soldadura, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou emprego doméstico. Así pois, interesouse polo seu grao de satisfacción con esta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, enfocada á adquisición e mellora de competencias profesionais.

Ademais das de Narón, a Xunta financia 72 accións formativas nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
Ademais das de Narón, a Xunta financia 72 accións formativas nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

A Xunta financia este curso nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal un total de 73 accións formativas para desempregados en 14 entidades no ámbito da Delegación territorial, por valor de preto de 3,6 millóns de euros.

PUBLICIDADE

A representante autonómica lembrou o Goberno galego continúa a reforzar a formación para o emprego, co reto de axustar estes cursos aos perfís que demanda o tecido produtivo e de dar resposta así ás vacantes que existen no mercado laboral. Por iso nesta convocatoria se deu prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas galegas e polas persoas traballadoras nas oficinas de emprego.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.