PUBLICIDADE

Ortigueira terá unha unidade de estimulación terapéutica para pacientes de Alzhéimer

A unidade de estimulación terapéutica para persoas con Alzhéimer iniciará nas próximas semanas.A unidade de estimulación terapéutica para persoas con Alzhéimer iniciará nas próximas semanas.

O Concello de Ortigueira disporá dunha unidade de estimulación terapéutica para persoas con Alzhéimer. Este servizo, que formará parte das prestacións de Servizos Sociais, será posible grazas a un acordo coa Xunta de Galicia.

Este novo servizo será xestionado pola asociación sen ánimo de lucro Afal Ferrolterra, co obxectivo de facilitar unha mellor calidade de vida ás persoas que padecen Alzhéimer e ás súas familias. Así pois, nas próximas semanas as institucións implicadas concretarán os detalles definitivos e porán en marcha esta nova unidade.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, fixo fincapé en que a xente e os servizo sociais son unha prioridade para o seu Goberno. Neste senso, salientou a mellora das condicións do persoal que da área de Servizos Sociais, o impulso ao SEETA e a adhesión ao programa “Xantar na casa”. Agora, coa inminente posta en marcha da unidade de estimulación terapéutica para persoas con Alzhéimer, axudarase “non só aos pacientes, senón tamén ás súas familias, que sofren na sombra”, finalizou o rexedor.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.