PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Nogueira de Ramuín inicia un proxecto de recuperación de soutos e castiñeiros

PorBisbarra

Mércores, 20 Novembro 2024 , ,
Presentación de “Transformación bioeconómica forestal en Nogueira de Ramuín mediante a recuperación do bosque avellentado para o seu axeitado aproveitamento”.Presentación de “Transformación bioeconómica forestal en Nogueira de Ramuín mediante a recuperación do bosque avellentado para o seu axeitado aproveitamento”.

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, salientou o proxecto de recuperación de soutos e castiñeiros do Concello de Nogueira de Ramuín. Segundo indicou, axudará a manter o sistema agroforestal do interior de Galicia.

Aboal participou na presentación do proxecto “Transformación bioeconómica forestal en Nogueira de Ramuín mediante a recuperación do bosque avellentado para o seu axeitado aproveitamento”. Alí destacou a dilatada experiencia do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán na caracterización molecular de variedades de castiñeiro. Esta entidade participará na iniciativa, identificando as variedades de castaña que existen e determinando cales son as máis axeitadas para a súa recuperación e aproveitamento.

Durante a súa intervención, o director apuntou que o proxecto axudará a conservar o patrimonio natural e poñelo a disposición da cidadanía, rescatar o patrimonio xenético dos soutos e castiñeiros e garantir que as futuras plantacións sexan resistentes e sustentables.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Finalmente, Jacobo Aboal sinalou que os resultados contribuirán a un uso sostible dos recursos xenéticos forestais, o desenvolvemento económico de Nogueira de Ramuín e da súa área e un maior emprego verde.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.