Os veciños din estar cansos despois de que se producira unha nova fuga esta mesma mañá no Pexigo de Abaixo A veciñanza dos Pexigos, no Concello de Santiago, di estar “moi farta” dos continuos cortes e fugas de auga que se veñen producindo de xeito regular nestas rúas da cidade, e tamén de que dende o Goberno municipal continúen sen buscar unha solución ao problema. Esta mesma mañá, e en menos dun mes doutra rotura dos canos de auga nos Pexigos, o Pexigo de Abaixo volvía amencer con múltiples fugas, o que colmou a paciencia da veciñanza que, en declaracións a Bisbarra, algúns deles afirmaban que “isto parece do terceiro mundo”, e instaron ao Concello a buscar unha “solución integral” coa máxima celeridade, para que os cortes e fugas de auga rematen dunha vez por todas. PUBLICIDADE Navegación de entradas A Deputación de Ourense comprométese a mellorar a eficiencia na xestión de residuos A Liga Galega de Mushing comezou en Rois con máis de 60 deportistas