PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Liga Galega de Mushing comezou en Rois con máis de 60 deportistas

Os vecedores da proba inaugural da Liga Galega de Mushing foron Jacobo Corbacho, Ismael Fernández, Noelia Pérez, Roberto Salvado, Catarina Triñades e Noelia Piñeiro

A Liga Galega de Mushing comezou a tempada no concello de Rois, o pasado domingo 17 de novembro, coa disputa do VIII Mushing Montes de Rois, no que competiron máis de 60 deportistas cos seus cans nas modalidades de bikejoring, patín e canicross.

A proba da Liga Galega de Mushig, Montes de Rois, que estivo organizada e deseñada pola asociación Arcade, forma parte do calendario da Federación Galega de Deportes de Inverno, tivo a súa saída e chegada na Peruca e os participantes completaron un percorrido de 3,8 quilómetros que transitou polas comunidades de montes da Pena, de Corne e de Seaxe.

Jacobo Corbacho (Valor) foi o máis rápido na modalidade canicross absoluta masculina, que chegou primeiro á liña de meta, e polo tanto lidera a Liga Galega de Mushing, por diante de Óscar Piñeiro e de Eloy Suárez, ambos do equipo Kennel Den. Catarina Triñanes, tamén do Kennel Den, foi a máis rápida na categoría absoluta feminina, por diante da súa compañeira de equipo Mónica Touriño, segunda, e da deportista do Arcade, Julia Salvado.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O canicross de veteráns desta primeira proba da Liga Galega de Mushing foi para Gumersindo Martínez (Kennel Den), seguido de José Antonio Piñeiro (Arcade) e de Camilo Fernández (Canicross Zarkokan). En alevíns, o triunfo foi para Paula Otero do club organizador.

O deportista Ismael Fernández (Arcade) foi o vencedor masculino na modalidade de bikejoring, seguido de Cristian Martínez (Kennel Den) e de Santiago Santiago (Canicross Pontevedra); mentres que no grupo feminino, a máis rápida foi Noelia Piñeiro que chegou primeira á liña de meta por díante das súas compañeiras de equipo no Kernnel Den, Mónica Touriño, segunda, e Iris Vidal. Nesta modalidade, Marcos Ledo (Acade) impúxose na categoría de veteráns con Roberto Valverde (Kennel Den) segundo, e Santiago Rodríguez (Acade), que completou o podio.

Na modalidade patín, cun can, liderou a proba Noelia Piñeiro (Kennel Den) por diante de Ángel Lira (Canicross Zarkokan) e de Susana Pérez (Balto Mushing Team); con dous cans, o primero posto foi para Roberto Salvado (Acade), con Óscar Piñeiro (Kennel Den) segundo e Gumersindo Martínez (Kenne Den), terceiro. Na categoría júnior o máis rápido foi Azeb Touriño (Kennel Den) por diante da súa compañeira de equipo Antía Valverde.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.