PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Nova fuga de auga nos Pexigos, a terceira xa en menos dun mes

PorBisbarra

Mércores, 4 Decembro 2024 , ,

A rúa do Pisón rexistrou unha nova fuga e a veciñanza desta zona de Santiago pide unha solución que resolva xa o problema

Onte, día 3 de decembro, produciuse unha nova fuga de auga, a terceira xa en menos dun mes, na zona das rúas dos Pexigos, e a veciñanza pide ao Concello de Santiago que resolva unha situación que se está a converter en recurrente cando se producen choivas e que afecta directamente ao día a día da veciñanza.

Aínda que a empresa municipal encargada, Viaqua, acode a solucionar os problemas en canto se producen, a venciñanza cree que a única solución é realizar un estudio técnico en profundide, mudar os canos antigos e danados e acometer unha humanización integral da zona que remate con estos problemas.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.