PUBLICIDADE

O alcalde de Ferrol fai balance dos seus tres anos de goberno

PorBisbarra

Mércores, 17 Xuño 2026 , , ,
Rey Varela estivo acompañado dos seus 12 edís compañeiros de goberno

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado dos 12 concelleiros fixo balance dos tres anos de mandato destacando os avances acadados no desenvolvemento do proxecto de cidade comprometido cos ferroláns. “Cada día durante estes tres anos sentín o apoio e a forza dos ferroláns camiñando unidos”, afirmou, “sentín que camiñaba acompañado de 12 edís entregados a Ferrol para buscar solucións aos problemas e xestionar as oportunidades”.

Rey Varela destacou que “se algo caracteriza este mandato é que nos puxemos a traballar dende o primeiro día. Hoxe, todos os grandes proxectos de transformación cos que nos comprometemos están en marcha e Ferrol avanza con paso firme”.

O rexedor subliñou que “este non é un proxecto só para catro anos, senón unha estratexia de futuro que pon as bases do desenvolvemento da cidade para as próximas décadas e reforza o papel de Ferrol como referente económico, industrial e social”.

PUBLICIDADE

Un modelo de futuro asentado en catro eixes: a mellora da xestión municipal; o emprego e o crecemento económico; a transformación urbana e a atención ás persoas, que combina a resposta ás necesidades actuais coa planificación das grandes actuacións que marcarán o desenvolvemento de Ferrol ata o ano 2030. “O liderado de Ferrol xa non ten marcha atrás”, asegura Rey Varela.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.