PUBLICIDADE

O alumnado do IES Arzúa é evacuado a causa dun incendio no centro

PorBisbarra

Martes, 11 Febreiro 2025 , ,
Estado no que quedou o baño do IES de Arzúa despois do incendio desta mañá que obrigou a evacuar a parte da comunidade educativa do centroEstado no que quedou o baño do IES de Arzúa despois do incendio desta mañá que obrigou a evacuar a parte da comunidade educativa do centro

O Consorcio de Salvamento da Coruña informaba esta mañá de que parte da comunidade educativa do IES Arzúa tivo que ser evacuada pola concentración de fume

A primeira hora desta mañá saltaban as alarmas no IES de Arzúa. A causa, un incendio nun dos baños do centro, do que aínda se descoñece como se orixinou si se sabe que foi nun xenerador, e que obrigou a evacuar a parte do alumnado e do corpo docente pola concentración de fume, segundo informou o Consorcio de Salvamento da Coruña, quen precisou que non houbo persoas en risco durante o incidente.

O operativo dos bombeiros, que se desprazou ata o IES Arzúa despois de recibir a alarma, procedeu, tras a evacuación de parte do alumnado e do profesorado, á extinción do lume nun dos baños do centro educativo, e á ventilación do segundo e terceiro andar da edificación educativa, segundo as mesmas fontes.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.