A oficina itinerante do programa AceleraPyme da Deputación de Ourense visitou esta mañá o Concello de Maceda. O deputado de Reto Demográfico e Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, participou na acción da mesma.
Blecua acompañou aos técnicos do proxecto da Deputación de Ourense AceleraPym. A través dunha furgoneta itinerante, facilitan aos autónomos e pemes da provincia a tramitación do kit dixital e doutras ferramentas para impulsar a súa transformación dixital.