PUBLICIDADE

O Carballiño deseña o plan de seguridade do Entroido

PorBisbarra

Xoves, 12 Febreiro 2026 , ,
O Carballiño coordina a seguridade entre corpos e forzas de seguridade, representantes da corporación municipal e participantes no dispositivo.O Carballiño coordina a seguridade entre corpos e forzas de seguridade, representantes da corporación municipal e participantes no dispositivo.

O Concello do Carballiño vén de ultimar o plan de seguridade para a celebración do Entroido. Neste sentido, prestarase especial atención á previsión meteorolóxica para os próximos días. O salón de plenos acolleu a reunión entre corpos e forzas de seguridade, representantes da corporación municipal e participantes no dispositivo. Así pois, acordáronse os percorridos e pautas a seguir para unha celebración segura do Entroido.

Dende o Concello do Carballiño reforzan a seguridade durante esta festividade, xa que se espera a chegada de miles de persoas á vila en xornadas como o martes 17, co Gran Desfile, ou o domingo 22, coa Festa da Cachucha.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.