PUBLICIDADE

O Carballiño reúne a mulleres emprendedoras da provincia

PorBisbarra

Luns, 3 Novembro 2025 , ,
30 mulleres emprendedoras de 30 concellos da provincia de Ourense reuniranse na Fábrica de Papel do Carballiño.30 mulleres emprendedoras de 30 concellos da provincia de Ourense reuniranse na Fábrica de Papel do Carballiño.

A Fábrica de Papel do Carballiño converterase este martes nun espazo de encontro, inspiración e colaboración para mulleres emprendedoras de toda a provincia. A Deputación de Ourense e a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) impulsan esta xornada baixo o título “Emprendedoras na Fábrica”, coa colaboración do Concello do Carballiño.

O evento reunirá 30 emprendedoras procedentes de 30 concellos diferentes da provincia, que compartirán experiencias, aprendizaxes e desafíos a través de dez mesas sectoriais. Nelas abordaranse ámbitos como a publicidade, a saúde, o social, as artes, a educación, a estética, o comercio ou os sectores tradicionalmente masculinizados. Todo albergado nunha paraxe emblemática como a Fábrica de Papel, restaurada recentemente e situada no ‘pulmón verde’ do Carballiño, no Parque Municipal a carón do río.

O obxectivo é “fabricar” relacións profesionais e persoais entre mulleres de presente e de futuro, creando un espazo de diálogo, posta en común e xeración de sinerxías arredor do emprendemento feminino, especialmente no medio rural.

PUBLICIDADE

A xornada comezará ás 8:45 horas coas acreditacións e contará cunha mesa de referentes, con emprendedoras como Nuria Iglesias (Mobify) e Alba Ferro (AJE), que compartirán o seu camiño e aprendizaxes. O programa inclúe tamén conferencias sobre asociacionismo, transformación dixital e activismo emprendedor, ademais de espazos de networking, café e xantar.

Dende o Concello do Carballiño destacan a importancia de acoller iniciativas deste tipo “que poñen en valor o talento feminino, impulsan o tecido empresarial da provincia e fomentan unha cultura emprendedora que contribúe ao desenvolvemento local e á igualdade de oportunidades”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.