PUBLICIDADE

Naturgy confirma que a barcaza de Portodemouros opera con normalidade

A redacción de Bisbarra púxose en contacto co departamento de Comunicación de Naturgy esta mañá para realizar a consulta.

Despois de que a semana pasada os alcaldes de Santiso, Arzúa e Vila de Cruces saían nos diferentes medios de comunicación esixindo que se cumprise o acordado no contrato con Naturgy en referencia á barcaza de Portodemouros, hoxe Naturgy vén de confirmar a este xornal que o servizo funciona con total normalidade.

Explican que “o único que se retrasou foi a inspección e mantemento previsto debido ás condicións do embalse, que foi comunicado ós concellos e a Augas de Galicia en tempo e forma”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.