O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou hoxe ante a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia as liñas xerais do Orzamento Provincial 2026, que ascende a 256.550.000 euros, o que supón un incremento do 6,67% respecto ao exercicio actual e será o máis alto da historia da institución.

Formoso destacou que, por décimo ano consecutivo, a Deputación manterá a débeda ceroe conservará conxeladas as taxas e prezos públicos. “Somos unha administración moderna, eficaz e solvente, que destina cada euro a mellorar a vida das persoas e a apoiar aos concellos, sobre todo aos máis pequenos”, afirmou.




