PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O CHUF renova 249 camas e 154 mesas de noite

PorBisbarra

Luns, 11 Novembro 2024 , , ,
Renováronse de xeito progresivo as camas e mesas de noite no CHUF.Renováronse de xeito progresivo as camas e mesas de noite no CHUF.

O Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol rematou a renovación de camas e mesas de noite coa instalación das últimas 21 camas e 58 mesas no hospital Arquitecto Marcide. Así, remata a distribución do novo equipamento, cun total de 249 camas eléctricas e 154 mesas de noite con atril no complexo hospitalario.

A Área Sanitaria de Ferrol traballou dous anos na licitación deste expediente, en colaboración co Servizo Galego de Saúde. Licitouse un acordo marco con dous lotes e a Área Sanitaria de Ferrol estaba implicada no Lote 2, referido a camas hospitalización xeral con ancho especial.

O importe total de adxudicación supera os 700.000 euros, supoñendo 616.138,05 euros ás camas eléctricas, cun prezo unitario de 2.045 euros máis IVE; e 99.691,90 euros ás mesas de noite, cun prezo unitario de 535 euros máis IVE.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

INCORPORACIÓN PROGRESIVA DO EQUIPAMENTO

O cambio deste equipamento produciuse de xeito progresivo. Así, comezaba a chegada das camas o 15 de outubro, no terceiro andar esquerdo correspondente con Uroloxía. Despois, cambiáronse tamén as do cuarto andar esquerdo de Cirurxía, e o quinto, sexto e sétimo esquerda de Medicina Interna, ademais dalgunha en observación de urxencias e en diálise. Neste senso, distribuíronse 213 camas en Servizos do Hospital Arquitecto Marcide e 36 no Hospital Naval.

No tocante ás mesas de noite con atril, o xoves 31 de outubro chegaban as primeiras 56 e a pasada semana, as 58 últimas. Distribuíronse entre os andares cuarto, sexto e sétimo, xa que os demais xa tiñan mesas actualizadas.

Ao longo dos últimos anos, a Área Sanitaria ferrolá foi adquirindo camas e mesas de noite que se requirían mentres se tramitaba este expediente centralizado. Neste senso, dende o 2018 incorporáronse a distintos servizos 79 camas novas, 24 hidráulicas; e 77 mesas de noite.

Esta nova incorporación supón a renovación de máis da metade das camas instaladas do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, supoñendo unha mellora no día a día asistencial.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.