PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ribadavia acolleu a reunión anual do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Ribadavia aposta polo turismo de congresos e profesional acollendo a reunión anual do COPG.Ribadavia aposta polo turismo de congresos e profesional acollendo a reunión anual do COPG.

O Concello de Ribadavia acolleu este ano as XXIX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG). Baixo o lema “Desafiando a historia”, reuniu entre o 7 e o 9 de novembro a 150 profesionais da psicoloxía de toda Galicia. Este congreso representa un avance no ámbito científico e terapéutico e reforza o posicionamento de Ribadavia como un destino atractivo para o turismo de congresos e eventos profesionais.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, subliñou a relevancia de que a vila acolla eventos como este, agradecendo ao COPG a súa aposta pola vila como sede. Segundo salientou, “os congresos e actividades de colexios profesionais poden ser un elemento de dinamización para o noso territorio”. Así mesmo, engadiu que o impulso do turismo profesional concorda co Plan Estratéxico de Turismo, que busca afianzar a Ribadavia como destino diverso e desestacionalizado, atraendo visitantes durante todo o ano e enriquecendo a oferta turística.

No que respecta ao programa, as xornadas centráronse no uso de técnicas narrativas en psicoterapia, abordando temas como a xestión de emocións en conflitos sociais, a intervención en experiencias psicóticas e o apoio en situacións de vulnerabilidade en etapas como a infancia, a adolescencia e a xestación. Ademais, os obradoiros previos ao congreso celebráronse no Museo do Viño de Galicia. Alí, ofreceron aos asistentes unha experiencia completa que incluíu unha visita guiada e unha cata de viños.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.