PUBLICIDADE

O Concello de Ferrol aplica o tratamento contra o picudo a máis de 20 palmeiras da cidade

PorBisbarra

Mércores, 20 Maio 2026 , ,
Os traballos leváronse a cabo durante esta fin de semana por parte da empresa de mantemento de zonas verdes

O Concello de Ferrol reafirma o seu compromiso coa conservación e protección do patrimonio natural da cidade coa aplicación do  tratamento preventivo de primavera contra o picudo vermello, unha das principais ameazas para as palmeiras. A actuación, impulsada pola concellería de Servizos que dirixe José Tomé, desenvolveuse durante a pasada fin de semana en 26 exemplares da especie Phoenix canariensis, sitos en distintos espazos verdes do municipio.

José Tomé destacou a importancia deste tipo de actuacións preventivas para “garantir a conservación das especies arbóreas da cidade e preservar a imaxe e valor ambiental das zonas verdes urbanas”.

Os operarios da empresa encargada do mantemento das zonas verdes foron os responsables da execución destes traballos. Así realizáronse dous tratamentos en cada un dos exemplares afectados: por unha banda, a endoterapia, mediante inxección no estípite da palmeira, e, por outra, a aplicación dun tratamento insecticida e funxicida na coroa.

PUBLICIDADE

O tratamento aplicouse nas palmeiras sitas na rúa Coruña, na praza de Amboage, no Cantón de Molíns, nas Angustias, praza de Sevilla, praza de Ultramar, na rúa Villarube, e tamén no paseo marítimo da Malata, ao igual que no parque da Graña.

A segunda parte do tratamento levarase a cabo o próximo mes de xullo, co obxectivo de reforzar a protección das palmeiras fronte ao avance desta praga.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.