PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Concello de Oroso aprobará un orzamento de 8,3 millóns de euros

PorBisbarra

Xoves, 28 Novembro 2024 , , ,
O reparto de fondos aposta polas infraestruturas cunha inversión directa de 3 millóns

O Concello de Oroso ten previsto aprobar no pleno os orzamentos municipais para o ano 2025, cun importe total de 8,3 millóns de euros, que supón un compromiso claro co benestar dos veciños e o impulso de infraestruturas e servizos no municipio. Este orzamento destaca pola súa visión estratéxica e polo gran esforzo inversor que se realizará no vindeiro ano, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e promover o crecemento económico de Oroso.

Un dos aspectos máis salientables deste orzamento é a destinar a cantidade de 3 millóns de euros á inversión directa, sen contar o POS (Plan de Obras e Servizos), para a realización de obras de gran envergadura. Destacan especialmente dous proxectos clave: a Humanización da Praza Isaac Díaz Pardo, cunha dotación de 700.000 euros, e a Remodelación da Avenida da Grabanxa, que contará cun orzamento de 900.000 euros. Estas obras son fundamentais para mellorar a accesibilidade, a sustentabilidade e promover a dinamización económica local.

Ademais, o Concello de Oroso tamén quere destacar a gran colaboración por parte da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, que achegarán fondos para diversas actuacións no municipio, consolidando a cooperación institucional e o apoio ás iniciativas locais.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Os servizos sociais tamén terá un tratamento prioritario no orzamento de 2025, xa que por primeira vez se superará o millón de euros de investimento nesta partida, reflexando o compromiso do Concello coas persoas máis vulnerables. Neste sentido, tamén se contempla un aumento do 22% no programa de alimentos para emerxencias sociais, que ascenderá a un total de 50.000 euros, mellorando a resposta a necesidades de carácter urgente.

No que respecta á presión fiscal, a eliminación da plusvalía non xerará subidas impositivas, agás o incremento na taxa de lixo, que responde a un imperativo legal por parte do Goberno de España. Así, o Concello manterá a carga fiscal sen alteracións importantes para os veciños.

Con respecto á planificación e organización, os orzamentos tamén teñen en conta a totalidade dos contratos dos servizos municipais, o que permitirá mellorar a súa xestión e asegurar que todas as partidas de investimento se destinan a proxectos que favorezan a sustentabilidade e o benestar das veciñas e veciños de Oroso.

Entre as obras previstas, tamén se inclúe o cambio de tapete no Estadio Lino Balado, así como a mantemento e mellora das vías e espazos principais do municipio, como parte do esforzo por manter un servizo público de calidade.

Este orzamento reflicte o compromiso do Concello de Oroso cos seus veciños, cunha aposta decidida pola mellora das infraestruturas, a promoción económica e o benestar social, sen esquecer a importancia de colaborar cos diferentes niveis de administración para acadar os mellores resultados para o noso municipio.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.