PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Goberno rematará as obras da autovía A-54 este ano

PorBisbarra

Venres, 10 Xaneiro 2025 , , , , ,
Pedro Blanco, o delegado do Goberno en Galicia na rolda de prensa de hoxe en Santiago de Compostela

O delegado fixo balance da acción do Goberno nun acto informativo en Santiago de Compostela.  Durante este almorzo cos diferentes medios deu conta dos principais eixos de actuación do Goberno no exercicio 2024 e o escenario para o presente ano.

Entre os temas protagonistas, falouse sobre a Autovía A-54 que une Lugo e Santiago e da que aínda faltan tramos por abrir. Blanco dixo que “este mes quedará aberto o tramo de Palas de Rei-Melide” e ratificou as previsións que no seu día realizou o ministro de Transportes que “no ano 2025 abrirá tamén o tramo entre Melide e Arzúa. Estou convencido de que este ano teremos toda a autovía perfectamente rematada”.

ALTRI SERÁ TRATADA COMO CALQUERA OUTRA EMPRESA” DIXO O DELEGADO DO GOBERNO

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Preguntado polo posible veto do Goberno a dar axudas para que Altri se instale na Ulloa no caso en que a Xunta autorice o proxecto, Blanco respondeu que “ será tratada como calquer outra empresa, poderá concorrer as axudas se cumple cos requisitos e pode facelo. Sempre mantivemos a mesma postura”. Recordou o delegado do Goberno que “estamos pendentes de informes medioambientais, polo que, polo momento non é posible anticiparse a este tipo de resolución”.

POLÍTICAS EN MATERIAL SOCIAL E ECONÓMICA

O delegado tamén salientou as distintas políticas en materia social e económica adoptadas polo Goberno “que ofrecen oportunidades e corrixen desigualdades” e que se verán reforzadas este ano e os seguintes para avanzar no benestar dos galegos e galegas

DINAMIZACIÓN E IMPUSO ECONÓMICO

O delegado informou que o Plan de Recuperación conta en Galicia con case 48.000 beneficiarios, desde autónomos a grandes empresas, pasando por concellos, fundacións e outro tipo de entidades. Para Pedro Blanco os fondos do Plan de Recuperación chegan ao tecido empresarial a través de programas como o Kit Dixital, que beneficiou a máis de 35.200 pequenas empresas e deixou máis de 145 millóns de euros.

A transición cara un modelo máis eficiente, social e sostible é outro dos eixos de actuación. Neste ámbito, o Goberno destina máis de 150 millóns en Galicia ao desenvolvemento de proxectos de enerxía verde para reindustrializar a Comunidade, apoiando iniciativas de hidróxeno verde, produción térmica con enerxía solar ou xeotérmica, ou o aproveitamento da enerxía eólica ou eólica mariña, entre outros.

INFRAESTRUTURAS E TRANSICIÓN VERDE E DIXITAL

Tal e como explicou o delegado esta mañá, a dotación e mellora de infraestruturas é outro dos eixos que marca a acción do Goberno en Galicia. Continúa a aposta polo ferrocarril. Puxéronse en servizo os trens Avril, o que permitiu elevar a 6 millóns o número de usuarios da conexión en AVE con Madrid desde a súa estrea, ademais de incrementar as frecuencias e destinos e reducir os tempos de viaxe. Tamén se puxo en servizo o trazado entre Lugo-Monforte-Ourense, con 550 millóns para renovar a liña ferroviaria; avanzouse nas intermodais das grandes cidades (máis de 250 millóns) e tamén nos accesos ferroviarios aos portos exteriores de Ferrol e A Coruña, que suman outros 200 millóns. Ademais, informou que o Ministerio de Transportes contempla investir 4.561 millóns ata 2030 no Corredor Atlántico en Galicia. Xa están en execución máis de 1.300 millóns.

Ao mesmo tempo, Pedro Blanco asegurou que o Ministerio destinou 380 millóns de euros a conservar e manter a rede de estradas do Estado en Galicia e máis de 280 millóns de euros ao pago de bonificacións na AP-9, para o que vén de elevar o orzamento ata os 81,7 millóns de euros, facéndoas extensivas tamén á autoestrada AP-53.

Ademais, en 2025, todo o territorio galego contará con conexión a internet de alta velocidade grazas a que o Goberno investiu 275 millóns de euros na extensión da banda ancha. En cuestión de sustentabilidade, concedeu axudas a 48 municipios galegos de menos de 5.000 habitantes para proxectos de eficiencia enerxética e ten en marcha ou comprometidos investimentos por valor de 115 millóns de euros para obras de mellora de saneamento e de abastecemento.

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.