Cobre San Rafael deseñou un novo proxecto industrial mineiro para Touro-O Pino, o Proxecto Cobre San Rafael, que quere ser un referente europeo incorporando máis de 80 melloras técnicas, ambientais e sociais, entre cambios e novos informes. En 2017, a compañía presentou a documentación necesaria para a actualización do proxecto para reactivar a produción de cobre en Touro e O Pino. Esta formulación inicial recibiu unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) desfavorable en xaneiro de 2020, na que se requiría un maior detalle sobre determinados aspectos do proxecto.
Tras analizar as razóns desta resolución e recollendo as demandas dos grupos de interese, o equipo técnico de Cobre San Rafael deseñou un novo proxecto en 2024 que incorpora numerosas melloras significativas. Entre elas, un maior nivel de detalle técnico, novas medidas preventivas e correctoras, e a adaptación ao marco normativo actualizado, como o Plan Hidrolóxico 2021-2027 e a Lei Europea de Materias Primas Fundamentais, que se materializa no Regulamento (UE) 2024/1252.
Ademais, Cobre San Rafael solicitou a declaración do novo proxecto como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE), en virtude do Decreto Lexislativo 1/2015, destacando a súa contribución económica, social e ambiental. O 24 de xuño de 2024, a Xunta de Galicia aprobou esta solicitude, recoñecendo o carácter estratéxico da iniciativa.
DIFERENZAS ENTRE PROXECTOS
O proxecto presentado por Cobre San Rafael en 2024 supón unha renovación integral respecto á proposta inicial de 2017, tanto en termos técnicos como na incorporación de medidas de sustentabilidade e garantías ambientais. Un dos avances máis destacados é a mellora das medidas de protección para os recursos hídricos, especialmente relevantes no contexto do ZEC Ulla-Deza. Fronte ao enfoque de 2017, que se centraba principalmente en cumprir cos estándares regulatorios da época, o novo proxecto incorpora ferramentas de prevención máis avanzadas e sistemas de control máis estritos para evitar calquera posible afección sobre a contorna natural, mesmo en circunstancias climáticas extremas.
Adicionalmente, incorporáronse novos estudos e ampliado a documentación técnica, atendendo ás achegas dos grupos de interese, os condicionantes dos informes sectoriais previos e os cambios normativos. Estes novos controis da contorna, máis intensos e exhaustivos, evidencian a ausencia de afeccións ao río Ulla.
Unha das diferenzas crave, como xa se destacou, é o recoñecemento do proxecto de 2024 como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) por parte da Xunta de Galicia. Este recoñecemento valida a relevancia do proxecto para a política industrial galega, avalando tamén a súa capacidade para impulsar o desenvolvemento económico e social na rexión. A nova proposta integra, ademais, na mesma tramitación administrativa, o proxecto da liña eléctrica necesario para o funcionamento da mina, o que optimiza o proceso e asegura unha coherencia técnica e legal que non estaba contemplada en 2017.
O compromiso ambiental no proxecto de 2024 tamén deu un novo paso adiante. A diferenza do inicial, o novo Plan de Recuperación Ambiental inclúe agora o antigo depósito mineiro, un pasivo ambiental histórico orixinado pola mina pechada en 1986. Este compromiso amplía o impacto positivo do proxecto en termos de restauración ambiental, froito da visión integral e responsable de Cobre San Rafael, xa que segundo a lei non ten obrigación de restaurar o pasivo xerado por un terceiro.
En canto ao deseño técnico, o proxecto de 2024 introduce avances substanciais en materia de seguridade e operatividade. O depósito de estériles (DEP1), por exemplo, foi redeseñado para incluír tecnoloxías innovadoras como un espesador de estériles, unha cela independente para a auga sobrenadante e un reforzo estrutural do dique. Este novo deseño neutraliza os riscos operativos, superando con moito os factores de seguridade marcados por lei e respondendo así as expectativas dos veciños. Ademais, está completamente adaptado ao Estándar Global de Xestión de Relaves para a Industria Mineira (ICMM 2020), recoñecido internacionalmente; e ao Novo Estándar Global de Instalacións Mineiras de Estériles de Planta, verificado polo Instituto Xeolóxico Mineiro de España (IGME_CSIC). O redeseño realizouse en base á normativa nacional vixente (Real Decreto 975/2009) e seguindo os criterios técnicos máis avanzados a nivel europeo e internacional.
Outra das melloras é a avaliación do impacto socioeconómico, que incorpora agora datos máis detallados sobre a contribución do proxecto ao desenvolvemento das comarcas de Touro e O Pino, con énfase na creación de emprego e o fomento da actividade económica local. Este aspecto alíñase coas prioridades establecidas no Regramento Europeo de Materias Primas Fundamentais, que considera ao cobre como un recurso esencial para a transición enerxética e a autonomía estratéxica de Europa.
En xeral, a proposta de 2024 inclúe un enfoque máis integral cara a sustentabilidade, non só con accións correctivas e preventivas, senón tamén con unha visión de largo prazo que aborda tanto os impactos ambientais como os sociais. O proxecto incorpora mecanismos máis avanzados para monitorizar a súa execución e garantir a transparencia na xestión ambiental.
Estas diferencias técnicas e estratéxicas evidencian que o novo proxecto non só é distinto e mellor, senón que responde ás cuestións prantexadas no anterior proceso. Desta forma, Cobre San Rafael propón solucións avanzadas aos desafíos actuais garantindo un equilibrio entre o desenvolvemento industrial, a protección do medio ambiente e o benestar das comunidades locais.




