PUBLICIDADE

O obradoiro Terra do Ortegal II visita AFAL Ferrolterra e ASPROMOR

O alumnado do obradoiro fórmase en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.O alumnado do obradoiro fórmase en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

O alumnado o obradoiro de emprego Terras do Ortegal II realizou a primeira actividade complementaria da formación. Os 20 participantes visitaron o Servizo Específico de Estimulación Terapéutica do Alzheimer e outras Demencias (SEETA), xestionado por AFAL Ferrolterra; e a Asociación ProMinusválidos do Ortegal (ASPROMOR).

Estas actividades son un complemento formativo no que o alumnado coñece de primeira man un campo ao que se poderán adicar. Trátase dun sector con elevada demanda dentro do mercado laboral e cun contido que cadra coa programación didáctica. Ademais, esta formación permite obter o certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Durante os meses de maio e xuño, o alumnado acudirá dous días á semana ás instalacións de SEETA. Farao en grupos reducidos para optimizar a aprendizaxe sen interromper a actividade diaria e o funcionamento do centro.

PUBLICIDADE

Ademais, o 24 de maio e o 1 de xullo o alumnado-traballador visitará as instalacións de ASPROMOR. Alí poderán coñecer as zonas de traballo, os talleres ocupacionais e a zona residencial.

Este obradoiro dual de emprego está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. O Goberno autonómico investiu 411.870,09 euros e está cofinanciado polos Concellos de Ortigueira, Cariño, Cerdido e Mañón con 15.000 euros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.