PUBLICIDADE

O Pereiro de Aguiar inviste 1,5 millóns de euros en vías e eficiencia enerxética

PorBisbarra

Martes, 20 Maio 2025 , , ,
O Pereiro de Aguiar renova máis de 1.300 puntos de luz a tecnoloxía LED.O Pereiro de Aguiar renova máis de 1.300 puntos de luz a tecnoloxía LED.

O Concello do Pereiro de Aguiar está a realizar actuacións de mellora da eficiencia enerxética, co financiamento do IDAE. Así, inviste 1,1 millóns de euros na renovación a LED de máis de 1.300 puntos de luz do municipio.

Esta actuación abrangue todas as parroquias e suporá un importante avance en mellora do alumeado público. Ademiais, redundará na redución da factura eléctrica e na loita contra o cambio climático.

Asemade, O Pereiro de Aguiar iniciou esta semana as obras do plan de mellora de vías municipais. Neste caso, conta cun investimento de máis de 400.000 euros e permitirá actuar en diferentes lugares e estradas municipais. Segundo o Goberno local, permitirá atender a moitas reclamacións veciñais e mellorar a rede viaria municipal.

PUBLICIDADE

Con estes dous avances, o Concello do Pereiro de Aguiar salienta que segue a mellorar os servizos á cidadanía e que seguirá traballando nesa liña.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.