PUBLICIDADE

O Pereiro de Aguiar ofrece asesoramento para solicitar o Bono Alugueiro Mocidade

PorBisbarra

Martes, 25 Febreiro 2025 , , ,
O Pereiro de Aguiar xa conta cun novo servizo de asesoramento técnico en materia de vivenda.O Pereiro de Aguiar xa conta cun novo servizo de asesoramento técnico en materia de vivenda.

O Concello do Pereiro de Aguiar ofrece un novo servizo de asesoramento técnico en materia de vivenda. Neste sentido, asesorará aos mozos e mozas pereiraos na solicitude do Bono Alugueiro Mocidade, unha axuda económica autonómica destinada a facilitar o acceso á vivenda a persoas menores de 36 anos.

Esta convocatoria da Xunta de Galicia, dotada cun orzamento de 13 millóns de euros durante dous anos, ten como obxectivo subvencionar parte do custo do alugueiro. O programa ofrece unha axuda mensual de 250 euros, prorrogable por dous anos, para o pago da renda.

A partir do 28 de febreiro, as persoas interesadas poderán solicitar esta axuda, sempre que cumpran cos requirimentos. Estes consisten en ser menor de 36 anos, estar en posesión dun contrato de alugueiro en vigor, ter unha fonte regular de ingresos que non supere tres veces o IPREM e que o prezo do alugueiro non supere os 400 euros ao mes.

PUBLICIDADE

Así pois, os tipos de alugueiros subvencionables inclúen os dunha habitación ou dunha vivenda completa. Para tramitar a solicitude, será preciso presentar o contrato de alugueiro en vigor, o volante de empadroamento, a referencia catastral do domicilio e o xustificante da fonte regular de ingresos.

O Concello do Pereiro de Aguiar ofrecerá este servizo de asesoramento con cita previa, todos os venres de 10 a 14 horas, nas instalacións municipais. Para solicitar a cita pódese chamar ao 622 387 058 ou enviar un correo electrónico a info@pereiro.gal.

Este servizo tamén ofrece información sobre outros programas de axudas en materia de vivenda a nivel autonómico, estatal e europeo, dirixidos a particulares, comunidades de propietarios e empresas.

Así, o Concello do Pereiro de Aguiar reafirma o seu compromiso en apoiar á mocidade para acceder a unha vivenda digna e accesible.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.