PUBLICIDADE

O PP de Melide lamenta que a praia fluvial de Furelos sexa declarada non apta para o baño de xeito permanente

PorBisbarra

Mércores, 20 Maio 2026 , , ,
A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, destina un investimento de máis de 200.000 euros para a recuperación da Área Recreativa do río Furelos

O PP de Melide denuncia a “incapacidade do goberno local para manter a praia fluvial de Furelos, na cal, un ano máis, vén de declararse a prohibición do baño nas súas augas”.  

Esta prohibición chega despois de que a Dirección Xeral de Saúde Pública fixera as análises pertinentes e detectara a calidade insuficiente das augas. Isto conleva que a praia fluvial de Furelos saia oficialmente do censo de zonas de baño de xeito permanente, ao repetirse esta circunstancia por quinto ano consecutivo.

Dende o PP de Melide, apuntan que “ésta é unha nefasta nova que amosa o desgoberno absoluto de Pérez e amosa que en 7 anos non fixeron nada por manter en boas condicións a praia fluvial. Ademais, isto leva consigo que haberá que agardar mínimo dous anos para incluir de novo a zona de baño no censo, sempre é cando nos vindeiros dous anos a calidade das augas sexa favorable. Xustamente na semana que saiu o grupo de goberno a banagloriarse das actuacións que fixeran na praia fluvial, chega esta nefasta nova que deixa a todos os veciños sen zona de baño un verán máis”.

PUBLICIDADE

Engaden os populares de Melide que “por se fora pouco, implica a saída do censo, ao estar na mesma situación durante cinco anos seguidos, o cal pon en evidencia que efectivamente non fixeron absolutamente nada. Mesmo, desde o grupo do Partido Popular preguntámonos como é posible que con todo o que traballaro” pola praia fluvial, levemos cinco anos na mesma situación”.

O PP de Melide fai especialmente fincapé en que “en poucos días darán comezo as obras de recuperación e posta en valor da praia fluvial, financiadas integramente pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, cun investimento de máis de 200.000 euros”.

As actuacións a levar a cabo contemplan a limpeza da zona de baño e a instalación dunha comporta abatible que permita a circulación de auga no inverno e o desfrute recreativo da zona de baño no verán. Dende o PP apuntan que “trátase dunha actuación moi importante para Melide, máis se cabe despois de recibir esta semana a nova da prohibición permanente do baño. Dende o noso grupo agradecemos fondamente a preocupación de Augas de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente, que van asumir esta obra ante a inacción do goberno local, toda vez que este proxecto leva catro anos sobre a mesa do Concello de Melide cos permisos oportunos”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.