PUBLICIDADE

O PP de Ramirás inicia unha nova etapa coa posta en marcha dunha xestora local

PorBisbarra

Martes, 14 Abril 2026 , ,
A afiliación do PP acordou por unanimidade constituír unha xestora local, presidida por Manuel Alejandro Domínguez.A afiliación do PP acordou por unanimidade constituír unha xestora local, presidida por Manuel Alejandro Domínguez.

A afiliación do PP de Ramirás acordaron por unanimidade constituír unha xestora local á cuxa fronte estará Manuel Alejandro Domínguez. Así, substitúe ao ata de agora presidente da agrupación local, Juan Carlos Rodríguez Matías.

O presidente provincial, Luís Menor, acudiu á reunión da militancia. Valorou positivamente que a decisión de crear unha xestora se adoptara por unanimidade, “o que pon de manifesto a unidade que existe no PP de Ramirás”.

Menor puxo deberes á nova dirección popular neste concello. Neste sentido, subliñou que o obxectivo fundamental é “relanzar e ampliar o partido para recuperar o goberno municipal e as tradicionais maiorías obtidas noutras convocatorias electorais”.

PUBLICIDADE

O líder dos populares ourensáns tivo palabras de agradecemento para Rodríguez Matías por todo o traballo realizado nestes máis de vinte anos na política municipal. Durante este tempo durante foi alcalde en minoría no mandato 2015-2019, “sendo quen de demostrar capacidade de diálogo e pacto para garantir os mellores servizos á veciñanza”.

Luís Menor lembrou que os resultados electorais en 2023 deixaron un complexo escenario no concello; tres edís para PP, socialistas e nacionalistas. Asemade, recordou o incumprimento por parte da alcaldesa socialista do pacto, polo que debería ter cedido ao portavoz popular o bastón de mando en Ramirás en xuño de 2025.

O acordo de creación da xestora e da proposta para a súa presidencia terá que ser ratificada na próxima Xunta Directiva que convoque o Partido Popular de Ourense. Esta xestora fai a número 14 das creadas ata o momento en toda a provincia, que xunto coa vintena de congresos locais celebrados fai que case a metade das agrupacións locais do PP na provincia estean actualizadas ou en proceso de renovación.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.