PUBLICIDADE

O PP denuncia a actitude da CIG que rematou a súa manifestación protestando ante sede popular

PorBisbarra

Martes, 25 Novembro 2025 , , , ,
O PP de Santiago reclamámoslle ao BNG e CA que condenen esta actitude do sindicato nacionalista e que manifesten se lles parece normal que compañeiras estean pechadas na sede popular, protexidas por axentes antidisturbios.

O persoal do PP de Santiago mantívose no día de hoxe, 25 de novembro, traballando escoltado pola Policía Nacional, despois de que a CIG ameazase con rematar a súa manifestación, que ten como lema “Retroceder en dereitos. Incrementa a violencia. Por unha Galicia con dereitos, traballo digno e igualdade”, na sede do Partido Popular de Santiago.

Ante a situación, dende o Partido Popular de Santiago din “reclamámoslle ao BNG e CA que condenen esta actitude do sindicato nacionalista e que expliquen se lles parece normal que compañeiras estean pechadas na sede popular, protexidas por axentes antidisturbios”.

“É unha total incoherencia -explicou a concelleira María Baleato- que unha protesta a favor dos dereitos das mulleres teña como obxectivo protestar ante varias traballadoras que só están a facer as súas funcións”.

PUBLICIDADE

O sindicato nacionalista leva repartindo estes días varios carteis avisando de que a súa manifestación remataría na sede dos populares, unha situación que a popular calificou de “esperpéntica e fóra de lugar”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.