PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ortigueira mellora o acceso ao banco de Loiba

PorBisbarra

Xoves, 21 Novembro 2024 , ,
Obras de rehabilitación dun treito do antigo camiño real para acceder ao banco de Loiba.Obras de rehabilitación dun treito do antigo camiño real para acceder ao banco de Loiba.

O Concello de Ortigueira rematou as obras de mellora no tramo do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico, na costa do Picón, parroquia de Loiba. Esta intervención realizouse tras o peche do acceso rodado á vía entre o núcleo de vivendas e o popular banco de Loiba, tras un desprendemento de terra que representaba un risco.

Os traballos centráronse na rehabilitación dun treito do antigo camiño real, que estaba cuberto de vexetación, para permitir o tránsito seguro de vehículos, bicicletas e peóns. Así pois, a intervención consistiu na pavimentación dun tramo de 212 metros de longo e 2,50 metros de ancho, respectando o trazado orixinal e minimizando a ocupación do espazo.

Neste sentido, rozáronse as marxes, retirouse a terra vexetal, creáronse gabias, instalouse un sistema de saneamento de augas pluviais e compactouse o firme. Así mesmo, incorporouse a sinalización indicativa de uso do camiño.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O custe da actuación ascendeu a 11.870,56 euros, asumido integramente pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 de Galicia. Neste senso, contou co cofinanciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) nun 80%, A Xunta de Galicia nun 14% e o Goberno central nun 6%.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.