PUBLICIDADE

Ortigueira organiza un taller sobre xestión emocional

A Escola de Familias de Ortigueira é un proxecto para axudar e apoiar ás familias, axentes clave na educación e benestar dos nenos e nenas.A Escola de Familias de Ortigueira é un proxecto para axudar e apoiar ás familias, axentes clave na educación e benestar dos nenos e nenas.

O Concello de Ortigueira, no marco do proxecto “Escola de Familias”, organiza un taller sobre xestión emocional e resolución de conflitos.

Esta actividade, segunda sesión da Escola de Familias, pretende apoiar ás familias no seu día a día. Así, ensinará ferramentas para mellorar a comunicación, manexar as emocións e resolver desacordos dun xeito positivo.

O taller desenvolverase o 21 de maio, de 17.00 a 19:00 h, no antigo hospital de San Roque. Estará impartido por Rocío Álvarez, especialista en formación, asesoría educativa e terapeuta.

PUBLICIDADE

Esta iniciativa forma parte do compromiso de Escola de Familias do Concello de Ortigueira. O obxectivo é acompañar e reforzar o papel das nais, pais e persoas coidadoras como axentes clave na educación e benestar dos nenos e nenas. Así mesmo, trátase dun impulso á formación e o apoio mutuo.

A actividade é de balde e está aberta a todas as familias de Ortigueira. Para participar, será necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 400 000. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.

ESCOLA DE FAMILIAS DE ORTIGUEIRA

O proxecto Escola de familias xorde co obxectivo de fortalecer as relacións familiares, mellorar o vínculo afectivo e dotar ás familias de estratexias en materia de educación, disciplina positiva, establecemento de límites e normas no fogar.

Así mesmo, abórdanse temas de especial relevancia, como a prevención de condutas de risco, o acoso escolar, as adiccións e os trastornos emocionais na infancia e adolescencia. A maiores, búscase potenciar o traballo conxunto entre familias e centros educativos, garantindo que a formación que se imparte nos colexios e institutos chegue tamén aos fogares.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.