PUBLICIDADE

Ortigueira pechou 2025 cun período medio de pago de 10,08 días

PorBisbarra

Mércores, 7 Xaneiro 2026 , ,
O Concello de Ortigueira logrou reducir o período medio de pago en case 62 días en 2025.O Concello de Ortigueira logrou reducir o período medio de pago en case 62 días en 2025.

O Concello de Ortigueira pechou o derradeiro trimestre do exercicio orzamentario de 2025 celebrando as cifras económicas positivas. Así, o Goberno local aplaude o esforzo realizado por todas as áreas municipais para logralo.

Un dos datos máis relevantes é a redución do período medio de pago. Neste senso, pasou dos 71,98 días no primeiro trimestre a 10,08 días no peche do derradeiro. Así, o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, salientou que esta baixada de prazos de pago é “un dos obxectivos que marcamos ao chegar ao Concello”. Asemade, destacou o logro “a pesar do voto en contra da oposición ao pago a provedores que atrasou o proceso”.

Máis en detalle, o PMP do Concello de Ortigueira no primeiro trimestre de 2025 era de 71,98 días. No segundo trimestre de 2025 descendeu ata os 60,01 días. No terceiro caeu en picado ata os 19,16. Finalmente, o exercicio do pasado ano pechouse en 10,08 días. Esta cifra está moi por debaixo do máximo esixido por lei, fixado en 30 días.

PUBLICIDADE

Tras estes óptimos resultados económicos, dende a Concellería de Facenda agradeceron “o gran labor dos servizos de intervención e tesourería, fundamentais para lograr esta rebaixa do PMP e lograr unhas cifras económicas positivas”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.