PUBLICIDADE

Os Encontros co alcalde de Ames continuarán en setembro con xuntanzas nos núcleos do Milladoiro e Bertamiráns

O Goberno local recorreu como cada ano as parroquias amesás e organizará novas xuntanzas nos núcleos urbanos do concello

Dende o 21 de abril ata o 16 de xuño, o Goberno municipal realizou unha rolda de visitas polas parroquias do municipio que se enmarcaron no programa de Encontros co Alcalde. O obxectivo foi explicar o traballo que se está realizando dende o Concello, aclarando as dúbidas da veciñanza sobre temas concretos e tomar nota das reclamacións e demandas. Ditas xuntanzas vanse retomar trala época estival, a partir do mes de setembro, con dúas novas xuntanzas nos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro.

O Local social de Bugallido acolleu este pasado martes, 16 de xuño, a última xuntanza dos Encontros co Alcalde polo rural de 2026. Durante os meses de abril, maio e xuño, Blas García, xunto cos concelleiros e concelleiras do Goberno municipal, recorreu as parroquias do concello, nun exercicio de escoita que ten como obxectivo explicar a xestión municipal, recordar os servizos dos que dispón a veciñanza do concello de Ames e escoitar as reclamacións veciñais.

O alcalde, Blas García, puxo en valor a elevada asistencia aos encontros, cifrada entre todas as parroquias en aproximadamente 500 persoas: “Estamos contentos de que a xente estea interesada nos asuntos do concello. A nós tócanos gobernar e tomar decisións pero estas non teñen sentido se deixamos á veciñanza ao marxe”. O alcalde anunciou tamén que estes encontros continuarán á volta de vacacións nos núcleos do Milladoiro e Bertamiráns por primeira vez: “Abriremos os auditorios para que toda aquela persoa que teña algo que dicir poida facelo libre e directamente”.

PUBLICIDADE

XUNTANZAS EN BERTAMIRÁNS E O MILLADOIRO

Ditas xuntanzas vanse retomar trala época estival, a partir do mes de setembro, con dúas novas xuntanzas nos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro. A estes dous encontros poderán asistir todos aqueles veciños e veciñas que así o desexen, para que poidan trasladar as súas dúbidas, queixas e demandas ao Goberno municipal.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.