Un incendio nun piso no centro de Santiago obligou a mobilizar os bombeiros de Compostela, que estaba formado nese momento por un mando e tres bombeiro, o incendio según o 112, provocou que se mobilizara para axudar o GES de Brión, por este motivo o parque de Compostela quedou cerrado para poder atender o aviso
O PP de Santiago pídelle a alcaldesa que tome o mando da crisis do parque de bombeiros
O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro, José Ramón de la Fuente, vén de esixirlle á alcaldesa que asuma persoalmente a xestión do parque de bombeiro ante a situación de crise que atravesa. O popular definiu de “inaceptable que o servizo estea de novo inoperativo e que levemos varios días sen que funcionen adecuadamente os distintos operativos de emerxencia por carecer do persoal necesario para atender, minimamente, as necesidades de seguridade e de emerxencias da cidade”.

De la Fuente lembrou que o Plan de emerxencias municipal (PEMU) establece en 12 os efectivos necesarios para atender as emerxencias, “pero -remarcou- estamos vendo día si e día non, que se están configurando con tres efectivos; o que supón, que ante calquera incidencia será imprescindible solicitar o auxilio de bombeiros doutros municipios limítrofes, como xa aconteceu, hai uns días, cando unidades de Brión e Padrón se desprazaron a Santiago para poder atender dous lumes”.
“A esta grave situación temos que engadir que a Policía local tamén está en mínimos, xa que, nalgunha xornada, só contou cun único efectivo da unidade operativa para patrullar a cidade e, incluso, estivo sen a unidade de atestados varias noites, tendo que pedir auxilio da Garda Civil”, remarcou.
De la Fuente subliñou que, “ante este despropósito, inédito en Santiago nos máis de cen anos de historia do parque de bombeiros, a resposta do goberno de BNG e CA foi presumir de vivir estas circunstancias con total tranquilidade e apelar á responsabilidade dos bombeiros”.
Para o edil popular, “xa hai que ter valor, para deberlle aos traballadores municipais máis dun ano de horas extras e apelar á responsabilidade dos prexudicados por esta situación, polo que nos preguntamos que pensa asumir o goberno nacionalista”.
“Este é o goberno de Goretti Sanmartin, -remarcou De la Fuente- indolente, paralizado e incapaz de gobernar, pero moi activo buscando responsables fora e botándolle a culpa das súas propias carencias aos demais”.


