Quedan pouco máis de tres semanas para que se celebre unha nova edición do Son do Camiño e estes días xa o Monte do Gozo comeza a engalanarse para acoller un dos mellores festivais do panorama galego.
Son moitos os técnicos que están traballando para realizar a montaxe dos escenarios principais do festivais este días e xa son poucas as prazas de aloxamento que se poden atopar en Santiago e arredores para esta segunda fin de semana do mes de xuño.
A edición pasada deste festival contou coa asistencia de 130.000 persoas, repartidas nas tres xornadas, que acudiron ao Monte do Gozo para desfrutar da música en directo e semella que este ano, a cifra pode superarse.
O Son do Camiño é un dos festivais máis agardados en Galicia, e cada edición que se celebra é capaz de bater récords en comparanza coa última.



