PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Programa piloto de reclamación dixital nos negocios de Ferrol

As persoas consumidras poderán presentar as súas reclamacións aos comercios a través dun código QR.As persoas consumidras poderán presentar as súas reclamacións aos comercios a través dun código QR.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez, visitaron un dos establecementos adheridos ao programa piloto de reclamación dixital a través dun código QR. O negocio ferrolán Tien21 Gato é o primeiro negocio da zona con este sistema. Trátase dun complemento ás follas de reclamación, que persegue axilizar o proceso de reclamación e garantir a protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias.

Aneiros avanzou que con este novo sistema evítase ao usuario ter que solicitar expresamente a folla de reclamación, podendo facelo unha vez fóra do comercio ou mesmo desde a casa. “Permite facer máis simple, áxil e eficaz o proceso de reclamación para o usuario á vez que facilitamos á empresa unha nova canle de comunicación coa súa clientela”, indicou.

O procedemento consiste no escaneo dun código QR que dirixe ao usuario a un formulario virtual que deberá cubrir. Á vez que se envía por correo electrónico ao establecemento, o afectado recibe a confirmación dando conta do día e da hora da presentación e indicando que se abre o prazo dun mes para que a empresa remita contestación.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Permite presentar unha reclamación dende o exterior do establecemento, sen ter que solicitar unha folla de reclamacións.
Permite presentar unha reclamación dende o exterior do establecemento, sen ter que solicitar unha folla de reclamacións.

Transcorrido este prazo sen obter resposta ou de ser esta insatisfactoria, a persoa consumidora poderá dirixirse directamente ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia e presentar unha nova reclamación a través dun enlace que xa se inclúe no propio correo e que recolle os datos cubertos na súa primeira reclamación.

A delegada territorial explicou que este proxecto piloto de reclamación dixital está en período de expansión e avanzou que o obxectivo do Goberno galego para o próximo ano é chegar ao sector servizos (subministración eléctrica e telefonía), onde se rexistra un maior número de reclamacións.

CAMPAÑA INFONADAL CONSUMO 2024

A responsable de Consumo desprazouse tamén ao CEIP Plurilingüe Os Casais, en Fene, para supervisar o desenvolvemento dunha das actividades divulgativas da campaña Infonadal Consumo 2024. Con esta iniciativa a Escola Galega de Consumo (EGC) pretende impulsar e desenvolver a educación e a formación das persoas consumidoras galegas e dar a coñecer o labor do IGCC nos centros educativos.

A actividade, na que participaron un total de 61 alumnos de Educación Infantil e Primaria e que leva por lema ‘Somos elfos do Nadal’, incluíu o relato dun conto relacionado con estas festas para os máis pequenos e unha charla participativa para os alumnos de Primaria, así como diferentes actividades lúdicas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.