PUBLICIDADE

San Sadurniño destina 19.000 euros a asegurar a pista da Fervenza

PorBisbarra

Mércores, 26 Novembro 2025 , ,
San Sadurniño recomenda empregar recoméndase utilizar como vías alternativas a de Solposto ou a da Pena de Eiriz.San Sadurniño recomenda empregar recoméndase utilizar como vías alternativas a de Solposto ou a da Pena de Eiriz.

O Concello de San Sadurniño acaba de iniciar os traballos de afirmado e consolidación da pista que comunica a Pena da Meda co Cando. Esta vía foi afectada o inverno pasado por un corremento de terras á altura da Fervenza. San Sadurniño investirá algo máis de 19.000 euros nesta obra.

O obxectivo é recuperar a seguridade desta estrada de Igrexafeita, empregada pola veciñanza dos lugares do Cando, do Castro e outros puntos da marxe norte do Forgoselo. Mentres duren os traballos recoméndase utilizar como vías alternativas a de Solposto ou a da Pena de Eiriz.

O problema  produciuse o inverno pasado tras o desprendemento dunha bolsa de auga no subsolo. Isto provocou o afundimento parcial do terreo e deixou suspendidos varios metros da marxe dereita da pista. Esta situación obrigou a limitar a circulación para evitar danos maiores no firme e para garantir a seguridade das persoas usuarias.

PUBLICIDADE

Os traballos consisten na execución dun reforzo de grandes dimensións —uns 100 m³ — feito con bloques de pedra que lle dean estabilidade ao ribazo e que ao mesmo tempo fagan de alicerce para a pista. Con ese obxectivo, o proxecto tamén contempla o formigonado da base, así como o estendido de grava e saburra sobre o que se botará unha nova capa de aglomerado coa fin de restituír o trazado e garantir unha circulación segura en toda a súa anchura.

Segundo a oferta da empresa encargada da obra, ARMACON, o investimento total será de 19.230 euros, custeados integramente con fondos municipais.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.