PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
A fervenza de Toques por onde pasa unha das sete rutas cicloturistas do GDR Ulla, Tambre, Mandeo, que percorrerán a contorna natural e histórica de sete concellosA fervenza de Toques pola que pasa unha das sete rutas cicloturistas que percorrerán a contorna da comarca (Foto: Kike Abelleira)

As sete rutas cicloturistas, que comezan este 19 de outubro, levarán aos ciclistas por Toques, Vilasantar, Melide, Arzúa, Boimorto, Touro, Santiso e O Pino

As sete rutas cicloturistas que conforman o programa Camiños de Auga sobre rodas, que organizan o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla, Tambre Mandeo ou a Xunta de Galicia, entre outros, comezan este sábado 19 de outubro cos dous primeiros percorridos programados, pola mañá no concello de Toques (20 Km) e pola tarde no de Vilasantar (18 Km).

As sete rutas cicloturistas, probas deportivas de caracter non competitivo, de balde, dirixidas á veciñanza en xeral con treitos de pouca dificultade e aptas para bicicletas eléctricas, teñen como obxectivo o goce da contorna natural e para que os participantes coñezan de preto máis sobre a historia dos lugares polos que transitan as diferentes rutas.

Este domingo 20 de outubro é a quenda da terceira ruta cicloturista, polo concello de Melide, sobre unha distancia de 20 Km. A seguinte fin de semana, Arzúa e Boimorto acollerán o sábado 26 de outubro pola mañá unha mesma ruta de 22 Km, mentres que pola tarde os ciclistas realizarán un percorrido polo concello de Touro. O domingo 27 de outubro, chega ao seu fin o programa Camiños de Auga sobre rodas, cunha ruta cicloturista de mañá, pola contorna natural do concello de Santiso (22 Km) e outra pola tarde na de O Pino (19 Km).

PUBLICIDADE

Todos os ciclistas que completen as sete rutas cicloturistas recibirán un queixo ofrecido polo Consello Regulador Denominación de Orixe Protexida de Arzúa-Ulloa.

Como participar nas sete rutas cicloturistas

Os interesados en participar nestas sete rutas cicloturistas do programa Camiños de Auga sobre rodas, so teñen que inscribirse, de balde, premendo nesta ligazón, na que tamén poden consultar máis información desta iniciativa.

O Dolmen de Forno dos Mouros, no concello de Toques no que se desenvolvera a primeira ruta cicloturista
O Dolmen de Forno dos Mouros, en Toques no que se desenvolverá a primeira ruta. (Foto: Kike Abelleira)

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.