PUBLICIDADE

Un cento de familias do Pereiro de Aguiar benefícianse da Aula Concilia

A Aula Concilia do Pereiro de Aguiar xa ten solicitada a inscrición de 139 nenos e nenas.A Aula Concilia do Pereiro de Aguiar xa ten solicitada a inscrición de 139 nenos e nenas.

O Concello do Pereiro de Aguiar ofrece un verán máis a Aula Concilia, dentro do Programa de Conciliación Familiar. Así pois, máis dun cento de familias solicitaron inscribirse no servizo municipal, con 139 nenos e nenas anotados.

Trátase dun dos servizos máis valorados do municipio, de carácter gratuíto e dos máis antigos de Galicia. Ademais, conta co recoñecemento autonómico do Plan Corresponsables. Enmárcase no Programa de Conciliación Familiar, que atende á rapazada durante o curso escolar e en períodos vacacionais de forma ininterrompida.

Grazas a esa continuidade, foi recoñecida cunha posición privilexiada na adxudicación de axudas do Plan Corresponsables, accedendo novamente este ano á máxima contía.

PUBLICIDADE

COMPROMISO DO PEREIRO COA CONCILIACIÓN

De cara á presente tempada estival, máis de 100 familias presentaron as súas solicitudes, polo que atenderase a un total de 139 nenos e nenas que farán uso do servizo ao longo de todo o verán. Para evitar ás familias unha carga económica, o servizo será gratuíto.

No ano 2008 o Concello do Pereiro de Aguiar iniciou o Programa de conciliación familiar que continua a desenvolverse ata o día de hoxe. O obxectivo é atender a familias traballadoras con nenos e nenas de 3 a 12 anos, tanto en período lectivo como durante as vacacións escolares, de forma ininterrompida.

Durante as vacacións de verán, a Aula Concilia adapta os seus horarios ás necesidades das familias. Dende o remate das clases en xuño ata o inicio no mes de setembro, manterase un horario de actividades de 7:30 h a 14:30 h.

Para atender ao maior número de usuarios, organízase o servizo en quendas semanais de actividades. Así, optimízase a conciliación, adaptándose ás necesidades de todas as familias. Dende a administración local salientan a calidade da atención da Aula Concilia, resaltando que se trata dun dos servizos municipais máis valorados pola cidadanía.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.