PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Unha decena de mulleres aprenden defensa persoal en San Sadurniño

PorBisbarra

Luns, 18 Novembro 2024 , ,
Dez mulleres aprenderon técnicas de defensa persoal e evasión en San Sadurniño.Dez mulleres aprenderon técnicas de defensa persoal e evasión en San Sadurniño.

A Consellería de Política Social e Igualdade e a FEGAMP levaron a San Sadurniño un obradoiro intensivo de defensa persoal feminina. Así pois, onte participaron dez mulleres na Casa da Cultura municipal, onde aprenderon ferramentas para fuxir de calquera situación violenta.

As principais recomendacións do monitor da actividade, Juan José Martínez, pasan por manter a calva e aplicar técnicas evasivas. As participantes aprenderon e puxeron en práctica con exercicios entre elas estes movementos.

Non obstante, o Goberno local lembra que, ante casos de maltrato, é fundamental a denuncia. Así mesmo, fai fincapé na importancia da axuda e acompañamento da rede de apoio inmediata da vítima de violencia de xénero. A maiores, resalta o rol das profesionais de Servizos Sociais, Igualdade, dos servizos sanitarios e das forzas de seguridade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Cómpre recordar, ademais, que o teléfono gratuíto 016 atende con axuda especializada as 24 horas do día todos os días da semana. Este número, desde o que se activan os protocolos de atención inmediata, non deixa rastro na factura, pero debe borrarse do histórico de chamadas do móbil ou fixo.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.