PUBLICIDADE

Xunta e Ortigueira avalían o proxecto do primeiro Bird Center de Galicia

PorBisbarra

Mércores, 7 Maio 2025 , , ,
Ortigueira proxecta crear un centro de interpretación e observación de paxaros nos humidais.Ortigueira proxecta crear un centro de interpretación e observación de paxaros nos humidais.

A Xunta de Galicia e o Concello de Ortigueira analizan vías de colaboración para instalar no municipio o primeiro Bird Center de Galicia. Así pois a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, mantiveron un encontro ao respecto. Durante este, avaliaron o estado do proxecto municipal para crear un centro de interpretación e observación de paxaros nos humidais.

Nese senso, analizaron posibles vías de colaboración para dotar ao futuro espazo de medios didácticos e audiovisuais. O obxectivo é reforzar a preservación da biodiversidade da contorna e a divulgación da riqueza ambiental e paisaxística. Asemade, fomentarase a concienciación da cidadanía sobre a importancia de garantir a conservación deste tipo de hábitats.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.