PUBLICIDADE

A 50ª Festa do Queixo de Arzúa comeza cunha homenaxe colectiva

Pilar Camba recibirá unha homenaxe no nome de todas as mulleres queixeiras no acto inaugural da 50ª Festa do Queixo de ArzúaPilar Camba recibirá unha homenaxe no nome de todas as mulleres queixeiras no acto inaugural da 50ª Festa do Queixo de Arzúa

O acto inaugural da Festa do Queixo de Arzúa, que cumpre medio século de vida, servirá tamén para facer un recoñecemeto a todos os que forman parte da tradición queixeira de Arzúa-Ulloa

A 50ª Festa do Queixo de Arzúa botará a andar mañá sábado ás 12:00 horas cun acto inaugural, nesta edición tan especial, no que se realizará unha homenaxe colectiva que simboliza a unión e o recoñecemento de todos os que forman parte da tradición queixeira de Arzúa Ulloa.

Dúas persoas, que representan a esencia e historia da Festa do Queixo de Arzúa, recibirán durante o acto inaugural un recoñecemento no nome de todas as persoas que favoreceron que esta celebración cumpra medio século de vida.

Así, Pilar Camba Carril, fundadora da Queixería Barral, será homenaxeada representando a todas as mulleres queixeiras, que encarnan o esforzo, a dedicación e o compromiso a diario, contribuíndo á produción e preservación do queixo tradicional. Por outra banda, Xesús Bendaña recibirá o recoñecemento no nome de todas as persoas pioneiras da Festa do Queixo, que simbolizan a visión e o traballo dos que fixeron posible esta celebración e que se consolidara como referente gastronómico e cultural.

PUBLICIDADE
O alcade Xesús Carril, esquerda, e Xesús Bendaña que recibirá o recoñecemento no nome da persoas pioneiras da Festa do Queixo
O alcade Xesús Carril, esquerda, e Xesús Bendaña que recibirá o recoñecemento no nome da persoas pioneiras da Festa do Queixo

A homenaxe colectiva da Festa do Queixo de Arzúa, materializada nestas dúas persoas, reflicte o recoñecemento ao labor das mulleres queixeiras e á importancia das persoas pioneiras que impulsaron e consolidaron a Festa do Queixo. Este acto reafirma o compromiso de preservar a tradición queixeira e de impulsar a difusión da cultura e da gastronomía galegas, elementos que fan de Arzúa-Ulloa DOP un símbolo de identidade e orgullo.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.