PUBLICIDADE

A Biblioteca do Carballiño recupera por completo a súa actividade coa reapertura da sala de préstamos

A Biblioteca Municipal do Carballiño recupera toda a súa actividade tras a finalización das obras de mellora e coa a pertura da sala de préstamosA Biblioteca Municipal do Carballiño recupera toda a súa actividade tras a finalización das obras de mellora e coa a pertura da sala de préstamos

A Biblioteca Municipal do Carballiño vén de rematar as obras de renovación do edicificio e retoma por completo a súa actividade este mércores, 19 de novembro, coa reapertura da sala de préstamos. As obras, que puxo en marcha o departamento de Educación do Concello, cun investimento de 30.000 euros, incluiron o cambio do mobiliario do segundo andar, ademais da demolición dun tabique e o peche do oco en forxado, así como diversas reparacións en paramentos e carpintaría interiores de todo o edificio.

“A poboación do Carballiño xa pode desfrutar dunha biblioteca máis cómoda, confortable e accesible”, destacou a concelleira de Educación do Carballiño, Lorena Castro, durante o anuncio do remate das obras recuperando a actividae por completo da Biblioteca Municipal.

Días despois da reapertura da sala de estudo, a sala de préstamos tamén volve a actividade co seu horario habitual, de 9.30 a 13.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas de luns a venres e de 10.00 a 14.00 horas os sábados.

PUBLICIDADE

Cabe destacar que a Biblioteca continúa inmersa no expurgo dos máis de 25.000 exemplares que atesoura o espazo cultural. O proceso, iniciado o pasado mes de outubro, permitirá liberar espazo, mellorar a accesibilidade da poboación, optimizar os recursos, garantir a calidade do fondo e conservar adecuadamente o patrimonio bibliográfico relevante.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.