Cinema Miúdo, Festival Internacional de Cine Infantil recibiu preto de 2.000 persoas que participaron nas proxeccións ou nos obradoiros de efectos especiais e stop motion
O VIII Cinema Miúdo, festival internacional de cinema infantil de Ames, celebrouse do 13 ao 16 de novembro cun programa que combinou proxeccións internacionais, obradoiros creativos e actividades orientadas a reforzar a educación en valores a través do cinema.
O festival presentou unha selección de nove bloques de curtametraxes procedentes de 21 países, incluíu sesións específicas para público escolar e abriu espazo para a reflexión mediante dúas propostas especiais baixo o título Cinema en Valores.
Entre as novidades desta edición do Cinema Miúdo destacaron a incorporación de subtitulado para persoas xordas nunha das sesións e o subtitulado ao galego de numerosas obras internacionais, reforzando o compromiso coa accesibilidade e a lingua propia. Ademais, os obradoiros de efectos especiais e Stop Motion volveron esgotar prazas, confirmando o seu atractivo para o público infantil.
Cinema Miúdo acolleu ao longo das súas catro xornadas a preto de 2.000 persoas, o que converte esta edición na máis multitudinaria das oito celebradas ata o momento. Ademais das familias de Ames, achegouse público doutros concellos, incluído Santiago de Compostela, consolidando o festival como unha referencia cultural na contorna. O certame está organizado polo Concello de Ames e conta co apoio da Deputación da Coruña. A xestión e programación está feita pola produtora cultural viguesa Abella, con dirección de Juan de Castro.
VIII Cinema Miúdo, clausura e entrega de premios
O VIII Cinema Miúdo pechou o domingo 16 de novembro cunha gala na Casa da Cultura de Bertamiráns presentada por Peter Punk, que encheu o espazo de humor. No acto estiveron presentes o alcalde de Ames, Blas García, e a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González. Tamén asistiu a familia de Miguel López O Hematocrítico, quen quixo acompañar a entrega do premio honorífico que leva o seu nome.
Os nenos e nenas volveron ser protagonistas desta nova edición, xa que foron eles quen decidiron os Premios do Público a través do xa característico aplausómetro. As familias amesáns amosaron un entusiasmo especial pola selección de curtametraxes internacionais, que fixeron saber aos organizadores ao longo da fin de semana.
A selección oficial de curtametraxes tamén foi avaliada por un xurado internacional formado por tres profesionais de ampla traxectoria no ámbito audiovisual que expresou a súa dificultade de chegar a un veredicto ante a alta calidade da selección amosada. A galega Amaia Mauleón, xornalista e responsable da Vigo Film Office e autora de varios libros infantís; O estoniano Oskar Lehemaa, director de imaxe real e animación, con obras presentes en festivais como Annecy ou Sundance; e a portuguesa Sara Naves, con máis de 15 anos de experiencia en animación tradicional e programadora do Festival Vila do Conde.
Premiados no VIII Cinema Miúdo
| PREMIOS DO PÚBLICO | |
| Premio Axóuxeres | ??????? ?́ ???! [モジャッピ ~いただき!ホットケーキ~] de Nijitaro (Xapón, 2024). |
| Premio Buxainas | ????? ???? ?????? [????????????] de Nathan Engelhardt e Jeremy Spears (EUA, 2025). |
| Premio Escolares | ???????? ????? [?æ???] de Anna Karín Lárusdóttir (Islandia, 2023). |
| Mención especial Escolares | ? ????? [?? ??????] de Cristina Martin Barcelona e María José Martin Barcelona (España, 2024). |
| PREMIOS DO XURADO | |
| Premio Axóuxeres | ? ??́??? ?? ????? [?? ?????? ?? ?? ????] de Annechien Strouven (Bélxica- Francia, 2024). |
| Mención especial do Xurado | ? ????? ? ? ???? [?? ????? ?? ?’??????] de Morgane Simon e Arnaud Demuynck (Bélxica – Francia, 2024). |
| Mención especial do Xurado | ? ????? ?? ???????́ [?? ??́????? ?? ???????] de Morgan Devos (Francia, 2024). Premio Buxainas: ? ???̃??? ??????? [?? ???? ????] de Thibault Chollet (Francia, 2025). |
| Mención especial do Xurado | ????? de Jean Vergé (Francia, 2024). |
| PREMIO HONORÍFICO | |
| Premio Honorífico Miguel López “El Hematocrítico” | ??????? de Lisa Ott (Reino Unido). |












