PUBLICIDADE

Padrón elixido Pobo Máxico de Galicia nunha votación con 145.000 participacións

O convento do Carme en Padrón, concello que vén de ser elixido Pobo Máxico de Galicia nunha votación con 145.000 participaciónsO convento do Carme en Padrón, concello que vén de ser elixido Pobo Máxico de Galicia nunha votación con 145.000 participacións

Padrón foi elixido Pobo Máxico de Galicia, un recoñecemento que consolida ao municipio como un dos destinos culturais e patrimoniais máis destacados da comunidade e que impulsan a Rede de Pobos Máxicos de España e o Instituto de Desenvolvemento Local e Estudos Sociais (IDL). Trátase dun recoñecemento aos concellos que sobresaen pola súa protección e divulgación do patrimonio cultural e natural, pola promoción da cultura local e polo seu compromiso co desenvolvemento sostible.

A votación da que Padrón salíu elixido como Pobo Máxico de Galicia, que estivo aberta entre o 3 e o 10 de novembro, reuniu máis de 145.000 participacións en todo o Estado. No caso galego, emitíronse arredor de 13.000 votos, dos que Padrón obtivo o 49,2%, é dicir, uns 6.300 apoios, situándose como o municipio máis votado da comunidade.

O Concello de Padrón agradece profundamente o apoio recibido por parte da veciñanza, asociacións, colectivos, centros educativos, sectores profesionais e persoas de toda Galicia que se implicaron na difusión e defensa da candidatura. Tamén destaca a colaboración e o respaldo de entidades amigas, como o Ayuntamiento de Arjonilla, que contribuíron a lograr este importante resultado.

PUBLICIDADE

Cos este título, Padrón reforza a súa presenza na Rede de Pobos Máxicos, da que forma parte desde novembro de 2024, sendo ademais a primeira localidade da provincia da Coruña en incorporarse a este selo de calidade turística e cultural.

Este recoñecemento supón un impulso para continuar fortalecendo a promoción do patrimonio, do turismo sostible e da cultura local, ademais de converterse nunha ferramenta estratéxica para seguir poñendo en valor a singularidade do municipio.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.