PUBLICIDADE

A Casa Cultura Manuel María de Barbadás acolle a exposición ‘Destino’ de Manuel Valcárcel

Inauguración da exposición de fotografía 'Destino' de Manuel Valcárcel no Centro Cultural Manuel María de BarbadásInauguración da exposición de fotografía 'Destino' de Manuel Valcárcel no Centro Cultural Manuel María de Barbadás

Barbadás será a primeira parada na provincia da exposición fotográfica itinerante, que forma parte do proxecto Corriente Cultural de Abanca e Afundación, e que poderá visitarse ata o 23 de maio

A Casa da Cultura Manuel María do Concello de Barbadás acolle a exposición fotográfica Destino do monfortino Manuel Valcárcel, na que presenta imaxes das súas peregrinacións a catro países de catro continentes distintos. A mostra, de carácter itinerante, enmárcase no proxecto Corriente Cultural de Abanca e Afundación, e conta coa colaboración do Concello .

A exposición fai así a súa primeira parada na provincia ourensá, despois de ter percorrido diversas localidades galegas. O público poderá visitala, de balde, no segundo andar da Casa da Cultura Manuel María ata o vindeiro 23 de maio.

Destino está composta por máis dunha trintena de fotografías, nas que o autor reflexiona sobre a familia, a emigración, o envellecemento ou a sostenibilidade a través da súa viaxe interior e física. Tíbet, Senegal, México e Galicia son os catro espazos elixidos por Manuel Valcárcel para contar distintas historias unidas por un mesmo destino.

PUBLICIDADE

Na inauguración da exposición de onte, participaron Beatriz Fernández-Anguino, coordinadora institucional de Afundación; Mateo Alonso, coordinador institucional de Abanca; Miguel Madriñán, director da sucursal Abanca de A Valenzá; Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás; Ana Peleteiro, concelleira de Cultura e José Manuel Morgade, concelleiro de Turismo.

Inauguración da exposición de fotografía 'Destino' de Manuel Valcárcel no Centro Cultural Manuel María de Barbadás
Inauguración da exposición de fotografía ‘Destino’ de Manuel Valcárcel no Centro Cultural Manuel María de Barbadás
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.