PUBLICIDADE

O Xeodestino Terras de Santiago impulsa o turismo a través da gastronomía ecolóxica

O Xeodestino Terras de Santiago aposta pola promoción do turismo a través da gastronomía ecolóxica, de calidade e de proximidadeO Xeodestino Terras de Santiago aposta pola promoción do turismo a través da gastronomía ecolóxica, de calidade e de proximidade

O Xeodestino Terras de Santiago, que conforman 29 concellos, organiza en Compostela esta semana a xornada ‘O fío verde’, primeira acción de promoción turística do xeodestino a través da gastronomía ecolóxica

O Xeodestino Terras de Santiago, que conforman un total de 29 concellos da comarca compostelá, organiza esta semana a xornada O fío verde, primeira acción da aposta do xeodestino por promover o turismo na camorca a través dunha gastronomía baseada na produción ecolóxica, de calidade e de quilómetro cero.

Así, a xornada, que se desenvolverá nun establecemento hostaleiro de Compostela, reunirá a unha vintena de produtores locais con restauradores e empresas de cátering. O obxectivo é dotar aos restaurantes dunha materia prima ecolóxica, de inmellorable calidade e de quilómetro cero que lles permita dar un salto adiante á gastronomía e convertela nun dos eixos principais da promoción turística desta área, xunto aos seus recoñecidos atractivos paisaxísticos, culturais, naturais e patrimoniais.

O fío verde contará con produtores locais de leite, queixo, pasta fresca e distintos produtos cárnicos, todos eles elaborados de xeito ecolóxico. O obxectivo é que os restauradores e as empresas de cátering da área de influencia do Xeodestino Terras de Santiago poidan incorporar estes produtos á súa lista de provedores.

PUBLICIDADE

“Levamos a terra no noso nome, por algo somos o Xeodestino Terras de Santiago. Unha terra vinculada non só a nós, senón tamén aos nosos devanceiros. E con esta iniciativa estamos intentando recuperar uns sabores que parecían esquecidos, aqueles dos nosos avós e avoas porque estamos convencidos de que a súa frescura, a súa autenticidade e a súa calidade constitúen un atractivo innegable e unha das fortalezas da nosa proposta turística ao visitante”, explican dende o Xeodestino Terras de Santiago.

A xornada “O fío verde” está organizada polo Xeodestino Terras de Santiago en colaboración co GDR Terras de Compostela e Slow Food Compostela.

O Xeodestino Terras de Santiago aposta pola promoción do turismo a través da gastronomía ecolóxica, de calidade e de proximidade
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.