PUBLICIDADE

Xurxo Ameneiro expón as súas pinturas no Centro Empresarial do Tambre ata o 16 de maio

Xurxo Ameneiro expón a súa obra no Centro Empresarial do Tambre, ata o 16 de maio, baixo o título 'Cousa de dous'Xurxo Ameneiro expón a súa obra no Centro Empresarial do Tambre, ata o 16 de maio, baixo o título 'Cousa de dous'

A mostra de pintura de Xurxo Ameneiro, baixo o título ‘Cousa de dous’ recolle unha trintena de traballos en diferentes técnicas e formatos do amiense

O Centro Empresarial do Trambre de Santiago acolle, ata o vindeiro 16 de maio, a exposición do pintor amiense Xurxo Ameneiro, Cousas de dous. A mostra está composta por unha trintena das pinturas do seu pasado, presente e futuro elaboradas con diferentes técnicas e en diversos formatos.

Cousas de dous é unha referencia ao apoio da esposa de Ameneiro que o animou a afondar na pintura, facilitándolle un rocho para desenvolver a súa paixón, e máis adiante acondicionando un baixo que se converteu no seu estudo, un espazo de luz natural de 25 metros cadrados.

A exposición de Xurxo Ameneiro está composta por 30 obras que abarcan os seus trinta anos de dedicación pictórica, que reflicten o pasado, presente e futuro da súa vida. Amosa obra en pequeno formato (20x30cm), obra mediana de 70×80, e tamén algunhas que sobrepasan os 100×90 centímetros, a maior parte delas creadas ao óleo e outra parte en pastel, ben sobre papel de arroz, vexetal, celulosa, tablilla e lenzo.

PUBLICIDADE

A exposición Cousa de dous de Xurxo Ameneiro poderase visitar ata o 16 de maio, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas (recoméndase avisar previamente da visita no teléfono 981 55 28 50).

Unha das obras do pintor amiense Xurxo Ameneiro que expón 'Cousa de  dous' ata o 16 de maio no Centro Empresarial do Tambre
Unha das obras do pintor Xurxo Ameneiro, que expón ‘Cousa de dous’ no Centro Empresarial do Tambre

Xurxo Ameneiro Rodríguez naceu no Milladoiro (Ames, 1968), á beira da Capela da Magdalena. Cursou estudos en Calo e no Colexio Peleteiro de Santiago. Despois dun ano en Ferrol, no Corpo de Artillería, e de varios traballos, comezou o seu labor no sector da hostalería, concretamente, na desaparecida Bodeguilla de San Roque, preto do Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago, que durante anos foi centro de reunións, encontros e tertulias de boa parte dos artistas galegos en todas as súas modalidades. Así, como pintor autodidacta, Xurxo Ameneiro percorreu todas as salas e museos de Compostela avivando a súa inquedanza creativa.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.