PUBLICIDADE

A Casa da Cultura de Arzúa levará o nome de Xulio Vázquez Carril – O Gaiteiro de San Miguel

A Casa da Cultura de Arzúa levará o nome de Xulio Vázquez Carril - O Gaiteiro de San Miguel, falecido o ano pasado, despois da iniciativa aprobada por unanimidade no ConcelloA Casa da Cultura de Arzúa levará o nome de Xulio Vázquez Carril - O Gaiteiro de San Miguel, falecido o ano pasado, despois da iniciativa aprobada por unanimidade no Concello (Foto: FB Asociación de Gaiteirxs Galegxs AGG)

A Casa da Cultura de Arzúa levará o nome de Xulio Vázquez Carril – O Gaiteiro de San Miguel, segundo o aprobou o Concello no último pleno municipal, unha denominacion que é un recoñecemento á súa traxectoria vital e á súa achega á música tradicional galegaA iniciativa, presentada polo grupo do BNG, que recolle tamén a celebración dun acto público de homenaxe na primavera, contou co apoio unánime de todos os grupos da Corporación.

Xulio Vázquez Carril, veciño da parroquia de Maroxo, foi un dos músicos tradicionais máis senlleiros do concello e un referente da cultura popular galega. Ao longo da súa vida participou en innumerábeis romarías, foliadas, festas populares e actos culturais, destacando polo seu compromiso coa transmisión oral da música tradicional e coa defensa da gaita galega como elemento central da identidade cultural do país. Xulio Vázquez faleceu en abril de 2025 aos 88 anos de idade, deixando unha fonda pegada no tecido cultural de Arzúa e da comarca.

Coa aprobación desta iniciativa, o Concello de Arzúa recoñece institucionalmente a figura dunha persoa que contribuíu de maneira decisiva á conservación e difusión do patrimonio cultural inmaterial. Un labor que tivo repercusión en toda Galiza.

PUBLICIDADE

A iniciativa inclúe tamén o inicio dos trámites administrativos necesarios para a modificación oficial da denominación do edificio, coa correspondente actualización da sinalización e da documentación municipal. 

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.