PUBLICIDADE

A XXIII Padrón 10K sube ao alto do podio a Jorge Puig e a Emma Méndez

A XXIII Padrón 10K batiu o récord de inscritos e contou cunha gran participación e a pesar da choiva, dos 1.653 deportistas anotados máis de 1.200 tomaron a saída nas diferentes categorías da proba

A XXIII Padrón 10K corou a pasada fin de semana na proba raíña a Jorge Puig (30:28 minutos) e Emma Méndez (35:03 minutos) que se impuxeron con claridade, nunha edición que batiu o récord de inscritos e contou cunha masiva participación de atletas que desafiaron á choiva, incluso nas categorías escolares. Dos 1.653 anotados nas diferentes categorías máis de 1.200 tomaron a saída nas diferentes categorías. Na proba de 5 quilómetros os máis rápidos foron Iago Pereira (16:11) e Soledad Leiro (18:53).

A 10K estivo dominada dende o principio por Jorge Puig, que cruzou a liña de meta con medio minuto de vantaxe sobre Pablo Otero (31:01) e case  un minuto antes que Anxo Bello (31:22). Na categoría feminina, Emma Méndez (35:03) tamén dominou a proba dende os primeiros metros, sacándolle máis de un minuto a Lucía Sicre (36:48) e dous minutos a Lamyae Himi (37:03).

Os atletas padroneses máis rápidos nesta edición en percorrer os 10 quilómetros foron Jaci Mello (34:41) e Martina López Gestal (42:37). Manuel González Pereira, de 73 anos e pertence ao club Running Arteixo, completou a 10K nunha hora e 16 segundos. O Club Atletismo Sar levou un dobre galardón: o segundo posto por equipos e o premio ao club máis numeroso, xa que 25 atletas remataron a proba.

PUBLICIDADE

Na proba de 5K, homologada pola Federación Española de Atletismo ao igual que a 10K, os tres primeiros postos estiveron máis igualados na categoría masculina, con apenas 25 segundos de diferencia entre os tres primeiros: Iago Pereira (16:11), Brais García (16:19) e Miguel Alonso (16:36). Na categoría feminina tamén estivo moi igualada e Soledad Leiro (18:53) foi gañando posicións ata cruzar a liña de meta por diante de Tania López e Daniela Bayón, que pararon o crono en 19:03 minutos.

O alcalde do Concello de Padrón, Anxo Arca; o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, e a tenente de alcalde, Chus Campos, deron a saída da 10K. A choiva que durante toda a tarde caeu en Padrón non foi impedimento para que esta vixésimo terceira edición da 10K contase cunha alta participación.

Se a proba superou o récord de inscritos, con 1.653 persoas anotadas, tomaron a saída máis de 1.200 atletas de todas as idades, cunha alta participación nas categorías escolares. Preto de 200 nenos e nenas menores de 14 anos (máis da metade dos anotados) achegáronse ao Campo do Souto para tomar a saída e demostrar a puxanza do atletismo na comarca.

Os menores de 4 anos (categoría Pitufo) foron os primeiros en desafiar a choiva e abrindo unha competición á que lle seguiron as categorías Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14. Logo, foi a quenda dos atletas maiores de 16 anos que xa participaron na 5K ou na 10K.

Luis Mariño e Chus Campos entregáronlle medallas aos participantes nas categorías escolares, mentres que Anxo Arca e a concelleira Ana Castro entregaron os trofeos aos gañadores e gañadoras das diferentes categorías.

As clasificacións completas poden consultarse nesta web de Emesport. Os podios quedaron do seguinte xeito:

10K: Jorge Puig, Pablo Otero e Anxo Bello; Emma Méndez, Lucía Sicre e Lamyae Himi

Máster A: Eros Martin Caneda, Paola María Mochales, Patricia Montoto; Alberto Riveiro, Alberto Mariño e Álvaro Marín.

Máster B: Aída García, Andreia Ramos, Elena Miguens; Jaci Mello, Daniel Bargiela e Fernando Vázquez.

Máster C: Amparo Taboada, Mani Fernández; Lupe Vilar; José Nercellas, José Suárez e Santiago Falcón.

Sénior: Lucía Sicre, Lamyae Himi, Patricia Varela; Jorge PUig, Pablo Otero e Hugo García.

Sub-20: Aiala García, Carla del Río, Laura Fabeiro; Anxo Bello, Daniel Maneiro e Adrián Sear.

Sub-23:Emma Méndez, Isabel Caeiro, Nuria Tubío; Aleandro Rodríguez, Saúl Benítez e Nuno Moure.

Supermáster: Manuel González Pereira.

Atletas locales: Jaci Mello e Martina López Gestal.

Clasificación por equipo: SD Compostela, Club Atletismo Sar e Club Triatlón Compostela.

5K: SoledadLeiro, Tania López, Daniela Bayón; Iago Pereira, Brais García e Miguel Alonso.

Sub-16: Daniela Bayón, Lucía Ageitos, Judit Barros; SergioSilva, Pablo Barreiro e Brais Redondo.

Sub-18: Tania López, Xulia Vidal, Lola Villar; aime Devesa, Sergio Pereira e Martín Cela.

Categorías escolares

Sub-10: Noa Martínez, Jacqueline Cobos, Érika Flores; Adrián Alarcó, Alejandro Farias e Luca Ramos.

Sub-12: Alma Vicente, Mireia Díaz, Ainara Rivas; Mateo Vilela, Adrián Rodríguez e Dylan Alarcón.

Sub-14: Aitana García, Noa Vales, Julia Fagilde; Xabier Rodil, Nicolás Amado e Antonio Sanmartín.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.